28 de abril de 2020

Xa fostes de paseo? Como foi? Contádemo todo!

Ola rapazas e rapaces de sexto!

Aínda que non estea a publicar no blog tanto coma estes días de atrás, gustaríame que seguise activo, xa que, desde o meu punto de vista, é unha ferramenta moi útil para compartir cousas coa clase. Polo tanto, podémolo seguir empregando para comentar novidades e que me contedes cousiñas.
Imaxino que a maioría de vós xa saistes dar un paseo estes días e gustaríame saber como foi, que sentistes ao poder pisar a rúa, o campo ou o monte de novo, así que, por favor, contádemo nos comentarios desta entrada.

6 comentarios:

  1. Eu xa fun de paseo e, a verdade e que sentinme moi ben. Porque saín co monopatín, vin a Anxo Cal e a moitas outras persoas. Ao pisar a rúa sentinme como se non existira o confinamento. En xeral, sentinme moi ben.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Alégrome moito de que puideras saír e de que o desfrutaras! Pero non sei quen es 😅 Cando comentades sen iniciar sesión na conta de Google, debedes escribir tamén o voso nome no comentario, porque se non non sabemos quen o escribe.

      Eliminar
    2. Son Xavi Meizoso

      Eliminar
  2. Eu, como vivo no rural, non votei tanto de menos saír. Pero sentinme moi ben ao poder facer un percorrido máis longo coa miña bicicleta en vez de dar voltas a casa..., que xa me estaba mareando. Sentime como cando non había confinamento e podía saír todos os días.

    ResponderEliminar
  3. Eu, saín a rúa coa miña nai. Eu ia na bici e a miña nai andando coa miña cadela, estas veces estivemos peseando moito fixemos 3.7 kilometros, ao chegar a casa estabamos super cansadas.
    Nerea Varela Prieto

    ResponderEliminar
  4. Eu sain a una finca que teño .Abril

    ResponderEliminar