Mirade a receita de Sara, outra gran cociñeira de sexto experta en pratos doces como vemos a continuación.
GOFRES RECEITA BÁSICA
80 g de manteiga
60 g de azucre
1 cullerada de azucre de vainilla
3 ovos
3/8 l de leite
300 g de fariña
2 culleradas de levadura en pó
PREPARACIÓN:
É unha receita moi fácil.
O primeiro, hai que bater a manteiga, o azucre, o azucre de vainilla e os ovos ata que quede unha masa escumosa.
O segundo, engadir pouco a pouco a fariña mesturada coa levadura e o leite, e mesturar todo xunto nun bol.
Por último, cociñar a masa dos gofres nunha gofreira. Unha vez feito o gofre, podes poñer a cobertura que ti queiras e a papar…
Este é o resultado final. Eu boteille fresas, nata e crema de cacao, ti podes botarlle a cobertura que ti queiras.
Ningún comentario:
Publicar un comentario