15 de abril de 2020

Pastelón de queixo e xamón, receita da chef Paula!


Bo día!

Paula é a primeira en animarse cunha receita salgada. Mirade que boa pinta ten este pastelón!

PASTELÓN DE QUEIXO E XAMÓN

Ingredientes:

- 2 follas de masa follada (hojaldre)
- Queixo 400 g
- Xamón 400 g
- 1 ovo

Preparación:

Primeiro, nunha bandexa colocamos un papel de forno e colocamos unha das follas de hojaldre.

A continuación, cubrimos a folla de masa follada con xamón e, sobre o xamón, colocamos unha capa de queixo.
 

Despois, botamos a segunda folla de hojaldre, xuntamos os bordes das dúas follas facendo un borde e pintamos con ovo a parte superior.




 
E por último, enfornamos a 180 grados durante 15 minutos.


Mmmm, que ben quedou ese pastelón, Paula! Seguro que estaba delicioso.

E xa sabedes, a seguir cociñando e preparando cousas ricas para a familia, que seguro que volo agradecen. Ademais, a cociña é un laboratorio fantástico para experimentar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario