Hoxe foi unha día moi especial no CEIP Plurilingüe de Centieiras, porque familiares do alumnado da escola viñeron falarnos sobre as súas experiencias facendo o Camiño de Santiago.
Á clase de sexto veu Conchi, a nai de Xavi, e a súa visita foi un gran agasallo para nós. Todo o que nos contou foi moi interesante e emotivo e enganchounos desde o primeiro momento co relato das súas vivencias ao longo do Camiño do Norte, en 1993, e o Camiño Inglés, en 2017. As súas dúas experiencias percorrendo o Camiño foron moi distintas, aínda que enormemente enriquecedoras para ela, por todo o que nos contou na clase.
Amosounos a súa Credencial do peregrino selada e tamén as dúas Compostelas, que acreditan que percorreu as rutas mencionadas anteriormente.
Ademais, ensinounos fotos de persoas que coñeceu ao longo da peregrinaxe, xa que facer o Camiño fai posible que xente de moi diversas procedencias e culturas se atopen polos montes e camiños de Galiza cun obxectivo común, chegar a Santiago e desfrutar da fermosa vista da Catedral desde a Praza do Obradoiro, abrazar ao Santo e poder dicir con orgullo que completaron unha importante fazaña, como é percorrer a pé tantos quilómetros, a pesar das dificultades que poden aparecer, como poden ser as inclemencias do tempo, as lesións ou o esgotamento.
Xa para rematar, todas e todos os que formamos parte do CEIP Plurilingüe de Centieiras queremos expresar o noso agradecemento, tanto a Conchi, como a todas e todos os que hoxe quixestes vir á escola e compartir con nós momentos tan especiais e inesquecibles das vosas vidas, incluída a nosa mestra Ana, que tamén relatou a súa experiencia como peregrina á clase de 5º. Encantounos a vosa visita e quedades convidadas e convidados a volver cando queirades.
Ademais, ensinounos fotos de persoas que coñeceu ao longo da peregrinaxe, xa que facer o Camiño fai posible que xente de moi diversas procedencias e culturas se atopen polos montes e camiños de Galiza cun obxectivo común, chegar a Santiago e desfrutar da fermosa vista da Catedral desde a Praza do Obradoiro, abrazar ao Santo e poder dicir con orgullo que completaron unha importante fazaña, como é percorrer a pé tantos quilómetros, a pesar das dificultades que poden aparecer, como poden ser as inclemencias do tempo, as lesións ou o esgotamento.
Xavi, igual que todas e todos os demais, non perdía detalle dos momentos tan divertidos e emotivos que a súa nai compartiu con nós.
Para finalizar, o alumado de sexto fíxolle moitas preguntas, que Conchi contestou unha a unha, para dar resposta a todas as dúbidas que tiñan sobre distintos aspectos, como canto peso debe ter a mochila e que se debe levar nela, se atopou animais salvaxes coma corzos ou xabarís e cales foron os momentos máis duros que viviu facendo o Camiño.
De esquerda a dereita: Juana, Javier, Juan José, Cora, Óscar, Diego e Conchi
De esquerda a dereita: Juana, Óscar, Cora, Diego, Laura, Conchi e Javier
Moitas grazas polo vosa colaboración!
Ola "sextopino":
ResponderEliminarMoitas gracias a vos, me fixestedes sentir moi arroupada, sendo moi cariñosos todos.
Foi un pracer e tamén un ratiño moi entretido.
Un saudo e Unha aperta.
Hola "Sextopino"
ResponderEliminarEncantóume participar no voso proxecto, dando a miña aportación.
Sentinme moi arroupada a emocionoume ver coma eles me escoitaban.
Só espero que os animase a facelo.
Porque é moi gratificante.
Gracias a vos por convidarme.
Unha aperta.