19 de abril de 2020

Empanada de atún receita do chef Marco!

Marco tamén se puxo coas mans na masa e envíanos esta receita de empanada de atún que lle quedou  cunha pinta espectacular!

EMPANADA DE ATÚN

Ingredientes para 6 persoas:
-2 placas de masa de empanada.
-2 cebolas grandes.
-Unha culleriña de pimentón doce.
-Unha pizquiña de sal.
-500 gr de atún.
-2 pementos do piquillo.
-1 ovo (para pintar a empanada).
-Un pouquiño de aceite.

PREPARACIÓN:
Cubrimos o fondo dunha tixola con aceite e a poñemos ao lume. Pochamos a cebola, previamente cortada en xuliana, e botámoslle unha pizquiña de sal. Cando estea listo, retiramos do lume, agregamos a culleriña de pimentón e remexemos. De seguido, poñemos a mezcla a escurrir nun coador. 
Cubrimos a bandexa do forno con papel vexetal, estiramos unha placa da masa e cubrímola coa cebola pochada, deixando 1,5 ou 2 cm nas beiras sen cubrir. Despois botamos por riba o atún escurrido e os pemetos do piquillo troceados. Estiramos a outra placa por riba e selamos a empanada repulgando. 
Seguidamente, facemos uns pequenos cortes na capa de enriba e un no medio circular de 4 cm de diámetro.
Batemos o ovo e pintamos a empanada con el.
Finalmente, metemos a empanada no forno (previamente quentado) a 180 grados sobre 1h.



Ningún comentario:

Publicar un comentario