Nerea recoméndanos unha película para que movamos un pouco o esqueleto, Let's Dance!
Titulo: Let´s Dance.
Dirección: Ladislas Chollat.
País: Francia.
Ano: 2019
Duración: 1h 49min.
Xénero: Comedia dramática, baile e hip-hop.
Reparto: Rayane Bensetti, Alexia Giordano, Guillaume de Tonquedec.
Sinopse: Joseph, un bailarín de hip-hop, négase a entrar na compañía do seu pai. Vai probar sorte en París xunto a súa moza Emma e o seu mellor amigo Karim. Únense ó grupo de Yuri en París, un famoso breaker, para intentar gañar unha competición internacional de hip-hop. O día da competición, nada sucede como esperaba: Joseph é enganado por Emma e Yuri. Recollido por Remi, un importante antigo bailarín de ballet, que fora mozo da súa nai que tamén fora bailarina de ballet, Joseph descubre o mundo da danza clásica. Remi convence a Joseph para que dea clase de hip-hop na escola onde é mestre de ballet. Así coñece a Chloe, unha alumna da que se naroma, e convéncea xunto cos seus compañeiros para que compitan nunha competición de hip-hop.
Crítica: Esta película gustoume moito, porque é sobre baile e a historia que conta é moi bonita. Os meus personaxes favoritos son Joseph e Chloe, que son os dous protagonistas. Tamén gústame moito porque todos os actores e actrices bailan moi ben. Recoméndovos esta película porque é moi entretida e non é moi longa. A esta película lle dou 5 estrelas, porque me gustou moito.
Nerea
Ningún comentario:
Publicar un comentario