Debido á situación de alongamento da suspensión das clases presenciais, desde o centro atopamos a necesidade de reorganizar a forma de traballo. Así, A PARTIR DO LUNS 27 DE ABRIL as actividades didácticas estarán na AULA VIRTUAL á que tedes acceso dende a web do centro (na esquina superior esquerda).
Para facilitar o acceso, déixovos un titorial cos pasos que debedes seguir para acceder e enviareivos por abalarMóbil unha mensaxe cos vosos usuarios. Para ver o titorial picade na seguinte imaxe:
Deste xeito, esperamos poder organizar mellor a comunicación co alumnado, a posibilidade de facer videoconferencias e un mellor seguimento do traballo que están a realizar de cara a avaliación do terceiro trimestre.
Perdoade as molestias que vos poidamos ocasionar debido aos constantes cambios, pero nós, como centro educativo e como profesorado, tamén nos atopamos ante unha situación de incerteza e só pretendemos poder chegar ao maior número de alumnado posible e do mellor xeito que atopamos. Cremos que o uso desta plataforma simplificará a complicada tarefa que alumnado, familias e profesorado temos ante nós.
Un saúdo
Isa
Ningún comentario:
Publicar un comentario