3 de abril de 2020

Torta de queixo, receita do chef Jorge!

Jorge tamén nos manda esta receita doce de torta de queixo. Estádesvos especializando na repostería!

TORTA DE QUEIXO
INGREDIENTES:
3 ovos
6 queixiños (Caserío)
1 iogur natural cremoso azucrado
200 ml de nata
a mesma medida de leite que de iogur
unha medida e media de azucre
unha medida de fariña

PREPARACION:
1. Quentamos o forno a 180 graos centígrados e o forramos o molde con papel de forno.
2. Poñemos todos os ingredientes xuntos no vaso dun batedor e trituramos ata ter a mestura homoxénea.
3. Pasamos a mestura a un molde ben forrado con papel de forno para que poidamos desmoldar con facilidade.
4.  Agora xa metemos ao forno durante 45 minutos aproximadamente ou ata que ao pinchar cun paliño estea limpo.
5.  Deixamos arrefriar sobre unha rexilla, desmoldamos e metemos no frigorífico mínimo 4 horas ou mellor de un día para outro e engadímoslle marmelada ao gusto.

Ningún comentario:

Publicar un comentario