LETTERING
A actividade que realicei e sigo realizando nesta cuarentena é o lettering.
A min encántame facer lettering. En realidade non se me ocorreu na corentena, ocorréuseme o ano pasado e non me acordo como, pero aficioneime moito. Nesta corentena aproveitei para aprender novas técnicas e cando me aburro, fágolles algúns debuxos de lettering aos meus compañeiros da clase, para que cando se acabe o confinamiento poder entregarllos.
Esta actividade fágoa eu soa e despois, cando a acabo, ensínollela aos meus pais para ver se lles gusta.
Para esta actividade empreguei uns rotuladores especiais para facer lettering. Hainos de moitas cores e hai moitos tipos de lettering, pero unha regra xeral consiste en que cando vas comezar a escribir, tes que escribir para arriba unha liña moi fina e para abaixo, unha liña máis ancha. No lettering tamén me gusta facer sombras detrás das letras.
Tamén fago lettering no bullet planner, que é unha libreta onde creas o teu propio calendario ou axenda.
Déixovos algunhas fotos desta actividade, non é que sexa gran cousa, pero a min gústame.
Esta foto de aquí abaixo son dúas páxinas do bullet planner:
Estas fotos son debuxos de lettering que lles fixen aos meus compañeiros Sara e Iago:
Aitana
Ningún comentario:
Publicar un comentario