21 de abril de 2020

Luces, cámara e acción! Aitana recomenda La Bamba

Aitana recoméndanos o musical La Bamba.




1- FICHA TÉCNICA:
Título: La Bamba 
Dirección: Luis Valdez 
País: Estados Unidos 
Ano: 1987
Duración: 1 hora e 49 minutos 
Xénero: Drama Musical 
Reparto: Lou Diamond (Ritchie Valens), Esai Morales (Bob Morales, irmán de Ritchie), Elizabeth Peña (Rosie Morales, moza de Bob), Danielle Von (Donna Ludwig, moza de Ritchie), Joe Pantoliano (Connie Valenzuela, nai de Ritchie), Joe Pantoliano (Bob Keane).
Sinopse: Ritchie é un rapaz que vive en México nunha aldea pobre e gústalle moito cantar. Trasládase a Os Ánxeles para vivir un vida mellor alí. Ritchie é fichado por un productor en triunfa na súa vida  musical. Ao final da película ocorre unha gran traxedia. 
2- CRÍTICA:
A película  gustoume  moito, paréceme unha película moi, pero que moi bonita, pero, por outro lado, tamen é triste.
Os meus persoaxes favoritos son Ritchie, a súa nai e o seu irmán, que, para min, fan o seu papel moi ben.
A película ten a duración perfecta e é moi entretida.
O final non é que non me gustara, pero pareceume moi triste. 
A esta película doulle 5 estrelas.

Aitana

Ningún comentario:

Publicar un comentario