Os que coñecemos a Manuel sabemos que ten un don especial para o debuxo. Dáselle xenial debuxar e ademais desfruta facéndoo e nós desfrutamos cos seus debuxos, que sempre nos sorprenden. Desta vez, quere amosarnos un debuxo que fixo durante estes días e explícanos por que se decidiu a debuxar a... Godzilla!
Fixen este debuxo de Godzilla. Ademais de ser un personaxe que me gusta moito, neste confinamento vin un par de veces a súa nova película: "Godzilla, Rey de los Monstruos".
Para facer este debuxo utilicei unha cera gris e outra azul, un lapis e un rotulador permanente negro para repasar todo o debuxo cando o tivera rematado.
A min encántanme debuxar, sobre todo, dinosauros e personaxes de ciencia ficción, coma neste caso Godzilla.
No debuxo quixen representa a Godzilla ruxindo. No seu corpo hai aperturas azuis, que é toda a radiación acumulada. O mesmo pasa coas escamas puntiagudas que se atopan por todo o lombo e a cola do monstro.
E así é como quedou este debuxo de Godzilla.
Manuel
Ningún comentario:
Publicar un comentario