Diego tamén se anima coa repostería e envíanos esta receita de torta de Petit Suisse. Seguro que estaba boísima! Por certo, encántame vervos cociñando!
Receita de torta de Petit Suisse
Ingredientes: (para oito racións)
● 200 ml de nata para montar.
● 100 gr de galletas (eu as boto a ollo).
● 100 ml de leite (máis ou menos)
● 2 culleradas de manteiga (eu boto un pouco máis).
● 6 Petit Suisse de fresa pequenos ou 4 grandes.
● 1 sobre de xelatina de fresa.
Preparación:
Trituramos as galletas mentres quentamos no microondas a manteiga ata que se derreta. Despois, mesturamos todo para facer a base. Eu trituro as galletas meténdoas nunha bolsa de conxelar e pasándolles un rodillo por enriba.
Quentamos a metade do leite e desfacemos nel o sobre de xelatina. Logo botámoslle a outra metade do leite para que atempere.
Xuntamos todo coa mezcla de Petit Suisse e nata e batémolo un pouco.
Cando estea ben mesturada, botámola enriba da base de galletas e metémola no frigorífico ata que estea lista.
É unha receita moi sinxela de facer, animádevos a probar!
Ningún comentario:
Publicar un comentario