22 de abril de 2020

Luces, cámara e acción! Belén recomenda Maléfica

Belén fainos unha recomendación cinematográfica moi interesante: Maléfica.



1. FICHA TÉCNICA
  a)   Título: Maléfica.
  b)   Dirección: Robert Stromberg.
  c)   País: Estados Unidos.
  d)   Ano: 2014.
  e)   Duración: 97 minutos.
  f)    Xénero: fantasía, aventuras.
  g)   Reparto: Angelina Jolie como Maléfica; Elle Fanning como a Princesa Aurora.        
 h)  Sinopse: a xove Maléfica medra para protexer o seu pacífico reino de invasores, pero unha terrible traizón transforma o seu corazón puro nunha pedra e convértea nunha criatura en busca de vinganza.

2. CRÍTICA
  Sendo sincera, gustoume moito. Principalmente porque cambiaron varias (non moitas) cousas da película orixinal, por exemplo:
  -O príncipe Phillip (que lle cambiaron o nome) non é o heroe da historia, senón que é Maléfica, que desperta a Aurora e... Bueno, non vou revelar a trama da película, pero iso, que na outra versión parecíame inxusto, xa que supoño que o heroe é o que debe levar os créditos, como saír no nome da película.
  -Maléfica non é a "mala". A ver, si que é a mala, pero con máis motivos para selo.
  5 estrelas ☆☆☆☆☆

Belén

Ningún comentario:

Publicar un comentario