Sara amósanos as súas dotes para a costura con esta máscara de tea feita por ela. Quedou fenomenal!
MÁSCARA DE TEA
Nesta corentena fixen unha máscara de tea. Gustoume moito facer esta actividade, porque estou aprendendo a coser e me gusta.
Nesta actividade empreguei un trozo de tea, fío, unha agulla e dúas gomas.
Ao principio, custoume facela, porque pensaba que ía ser máis sinxelo, pero, ao final, remateina e quedoume ben para ser a primeira vez que facía unha.
Ocorréuseme facer isto porque vin na televisión que moita xente as estaba a facer para os enfermeiros, os policías, etc… Eu decidín facela para a miña familia, que aínda que eu non saia, eles si que o fan.
Recoméndovos facela. Eu utilicei un trozo de tea, pero se non tedes, pódevos valer un trozo dunha camiseta vella que xa non utilicedes ou que estea para tirar ao lixo.
Este é o resultado final. Eu fíxenlle uns debuxos.
Sara
Sara
Ningún comentario:
Publicar un comentario