22 de abril de 2020

Luces, cámara e acción! Diego recomenda La Vida en Juego

Diego convértese en crítico cinematográfico para falarnos sobre o filme La Vida en Juego.



Hoxe vouvos falar da película que máis me gustou a min das que vin este último mes.

1. FICHA TÉCNICA
a) Título: La Vida en Juego
b) Dirección: Phil Joanou
c) País: EE.UU.
d) Ano: 2006
e) Duración: 2h e 5m
f) Xénero: Drama, basado en feitos reais.
g) Reparto: Dwayne  Johnson, Xzibit, Kevin Dunn, Jade Yorker, Brandon Smith.
h) Sinopse: O monitor dun centro de recuperación de conduta tenta a facer un equipo de fútbol americano cos seus “alumnos” para sacalos das bandas ás que pertencen.

2. CRÍTICA
A min gustoume moito porque apréndese a ser un equipo e traballar todos xuntos para conseguir algo. Tamén nos ensina que cada persoa pode facer o que se propoña.
O meu persoaxe favorito é o de Sean Porter (Dwayne Johnson), que é o monitor que loita por conseguir que os rapaces se volvan bos.
A min pareceume un pouco curta, porque é emocionante ata o final, que foi o que máis me gustou, por certo.                                                    

Diego

Ningún comentario:

Publicar un comentario