16 de abril de 2020

Nerea ensínanos algunhas cousas que fixo durante o confinamento

Nerea, como todas e todos, está facendo moitas cousas para entreterse durante este confinamento. Aquí podemos comprobar que é unha auténtica artista e que se lle da igual de ben pintar cadros preciosos que axudar coa bricolaxe na casa. Cada día que pasa non facedes máis que demostrar que sodes xeniais e estádesnos dando unha gran lección aos maiores.

Algunhas actividades que fixen durante o confinamento

Unha das actividades que fixen foi pintar un cadro. Ocorréuseme esta idea porque tiña un lenzo na casa e unhas pinturas e púxenme mans á obra. Este debuxo está en proceso, estouno a facer eu soa. Cando empecei a facelo, non ía quedando moi ben, pero cada vez gústame máis. Emprego unhas témperas e varios pinceis. Gustoume pintar, porque boto un rato entretida.

Esta é a foto do meu debuxo:


Tamén estiven pintando as canaletas de pasar os cables do salón, porque pintamos todo o salón. Ocorréusenos cando os meus pais me dixeron que a cor laranxa de antes non quedaba ben. Isto non o fixen soa, fíxeno co meu pai. Os materiais que utilizamos foron un montón, entre a pintura, as brochas, os periódicos para non manchar nada e un plástico para cubrir os mobles.

Encontrei esta foto:


Outra cousa que tamén fixen no confinamento foi uns pysslas. Acordeime de facelos porque na clase cos meus compañeiros soíamos facer moitos e Isa lles pasaba o ferro moi ben (non sei como lles pasa o ferro, que a min non me sae igual). Estes pysslas fíxenos eu soa e tardei un pouco, porque non sabía que ían ser tan grandes. Utilicei o bote de pysslas grande que tamén temos na clase, unha plantilla e o ferro.

Aquí vos deixo algúns pysslas de Harry Potter, como o símbolo de Hogwarts, 
os das casas e a carta de Hogwarts, e de Stitch:



Nerea

Ningún comentario:

Publicar un comentario