Hoxe, mércores 22 de abril conmemórase o Día do Planeta Terra, unha iniciativa que comezou hai 50 anos.
O propósito desta celebración é fomentar as actividades que axudan á conservación ambiental e ao coidado do noso planeta.
Este ano levaranse a cabo moitas actividades, aínda que se farán de xeito virtual debido ao distanciamento social polo COVID-19.
Unha das axencias que está realizando diversas actividades é a NASA. A axencia espacial achéganos moitos recursos para que coñezamos mellor como funciona o noso planeta. Entre estes recursos están os vídeos que podedes ver a continuación sobre como a NASA utiliza os datos para estudar o planeta Terra e sobre o 50 aniversario do Día da Terra e tamén os xogos e actividades que atoparedes máis abaixo:
Pinchando sobre a seguinte imaxe podedes atopar moitas actividades de ciencia interesantes relacionadas co noso planeta. Animádesvos a xogar?
FELIZ DÍA DA TERRA!
Ningún comentario:
Publicar un comentario