14 de abril de 2020

Galletas de améndoa, receita da chef Nerea!

Nerea púxose coas mans na masa e fixo unhas deliciosas galletas! Que boa pinta teñen e que ben se lle da a cociña a Nerea! Estou segura de que rematamos a cuarentena convertidas e convertidos en auténticos reposteiros.

Galletas de améndoas

Ingredientes: 
200 gr. de fariña de trigo.
½ sobre de levadura química.
1 ovo.
125 gr. de améndoa moída.
125 gr. de azucre.
125 gr. de manteiga a temperatura ambiente.
PARA DECORAR:
1 ovo.

Preparación:
1. Nun bol misturo a fariña, a levadura e a améndoa moída. Pespois fago un burato no centro con forma de volcán para engadir o resto dos ingredientes. Misturo todo ate formar una pasta.



2. Poñer a masa nun papel film, estirala con axuda dun rolo de cociña (deixala dun grosor de 8 mm aproximadamente). Deixar a masa estirada no frigorífico durante 30 minutos.

3. Corta as galletas coa forma desexada e as poñemos sobre una bandexa con papel de forno con coidado de deixar un espazo entre elas para que ao facelas no forno non se peguen.


4. Bater o ovo que imos empregar para pintar as galletas antes de poñer a bandexa no forno.

 

5. Quecer o forno a 200 graos, con calor por enriba e por abaixo. Cocer as galletas entre 10 e 12 minutos, cando comecen a dourarse as podemos sacar.


Ningún comentario:

Publicar un comentario