16 de abril de 2020

Xavi ensínanos os seus crebacabezas

Xavi comparte con nós a súa redacción e cóntanos como se entretén durante esta corentena. Fixádevos que crebacabezas tan enormes! É lóxico que te sintas satisfeito, Xavi, son unha pasada!

Crebacabezas

Eu nesta corentena estiven facendo crebacabezas.
Xa no verán tiña feitos os bordes dun crebacabezas de 1000 pezas.
Entón, cando nos quedamos sen colexio tiven moito tempo libre e comecei a facelo, e, nunha semana e media o tiven feito.
Sentinme moi satisfeito conmigo mesmo e fixen outros 2. Un de 300, que en 3 días o tiven feito e o outro de 500, en 5 días.
Esta actividade a fixen eu só e gustoume facela, porque aínda que tivera outras cousas que facer, apetecíame montalo sempre que tiña un rato libre.

Aquí teño unha foto do de 1000 pezas:


 Aquí unha dun de 500 pezas:


 E aquí está un de 300 pezas:


Xavi

Ningún comentario:

Publicar un comentario