15 de abril de 2020

Paula ensínanos o seu debuxo de Harry Potter




Este debuxo é de Harry Potter, que é a miña saga favorita. Fíxeno porque neste confinamento estou aproveitando para acabar a saga.

Grazas a Nerea empecei a vela, porque ela, cando estabamos en madrugadores, contábame da película. Ao principio a min non me interesaba, pero cando estaba unha tarde buscando unha película e atopei “Harry Potter e a pedra filosofal”, aí comezou a gustarme moitísimo.

Ocorréuseme facer o debuxo porque acababa de rematar de ver "Harry Potter e o cáliz de lume” e quería facer un debuxo e ocorréuseme facelo de Harry Potter. Simplemente me fixeron falta uns rotuladores de cores e celo. No primeiro folio pon Harry e pon os nomes das películas. Só pon como remata porque todas comezan por Harry Potter. Os nomes son: a pedra filosofal, a cámara segreda, o prisioneiro de Azkaban, o cáliz de lume, a orde do fénix, o misterio do príncipe, as reliquias da morte e as reliquias da morte: parte 2. Na segunda folla pon Potter e os meus personaxes favoritos, que son: Harry Potter, Hermione Granger, Ron Weasly, Draco Malfoy, Jinnie Weasly e Luna.

E na última folla pon as catro casas e o lema de Hogwarts. As casas son: Gryffindor, Slytherin, Hufflepuff e Ravenclaw. O lema de Hogwarts é “Nunca lle fagas cóxegas a un dragón dormido”.

A miña casa é Slytherin, e a vosa?

Paula

Ningún comentario:

Publicar un comentario