28 de novembro de 2018

Esta semana está soando...


Aos do Quinto Pino gústanos moitísimo a música, por iso a poñemos na aula a diario durante os cambios de clase. Cada semana escoitamos cancións dun grupo ou músico diferente, así coñecemos distintos grupos e estilos musicais, aínda que a que escolle é a mestra, polo tanto soa bastante rock...

Ademais de mellorar a cultura musical do alumnado, con esta iniciativa preténdese que os nenos e nenas sexan máis autónomos, xa que cando soa a música nos indica que acabou unha clase e que deben gardar o material desa asignatura, coller o da seguinte e anotar nas súas axendas se teñen algunha tarefa pendente de rematar. Por suposto, deben facer todo isto sen facer ruído nin falar en alto, porque todas e todos queremos escoitar a canción. Isto último aínda non o conseguimos de todo, pero seguro que pouco a pouco irá mellorando.

Ata o momento xa soaron Queen, ACDC, The Beatles, Michael Jackson, Led Zeppelin, ABBA e Europe, estes últimos por petición de Marco, que xa levaba varias semanas pedindo que soara este grupo.

Esta semana estamos a escoitar cancións de David Bowie. Tamén estivemos investigando sobre a súa biografía e estamos a facer un mural con todo o que aprendemos sobre él, que en breve estará rematado e poderemos ensinárvolo.

Para rematar, deixámosvos uns vídeos musicais de Bowie.


Día Universal para a Eliminación da Violencia contra a Muller

O luns 26 de novembro conmemoramos na escola o Día Universal para a Eliminación da Violencia contra a Muller.

Escollimos a canción La Puerta Violeta de Rozalén para cantar todas e todos xuntos e amosar o noso rexeitamento á violencia machista.

Ademais, cada curso fixo unha porta violeta cunha parte da letra da canción e os nenos e nenas fixeron chaves violetas con mensaxes contra a violencia.


Despois do recreo saímos todos xuntos para cantar a canción e saiu xenial!







 


Por certo, mirade que cortinas violetas tan chulas tiñamos na porta principal!



La Puerta Violeta
Rozalén

Una niña triste en el espejo me mira prudente y no quiere hablar 
Hay un monstruo gris en la cocina 
Que lo rompe todo 
Que no para de gritar

Tengo una mano en el cuello 
Que con sutileza me impide respirar 
Una venda me tapa los ojos 
Puedo oler el miedo y se acerca

Tengo un nudo en las cuerdas que ensucia mi voz al cantar 
Tengo una culpa que me aprieta 
Se posa en mis hombros y me cuesta andar

Pero dibujé una puerta violeta en la pared 
Y al entrar me liberé 
Como se despliega la vela de un barco
Desperté en un prado verde muy lejos de aquí 
Corrí, grité, reí 
Sé lo que no quiero 
Ahora estoy a salvo

Una flor que se marchita 
Un árbol que no crece porque no es su lugar 
Un castigo que se me impone 
Un verso que me tacha y me anula

Tengo todo el cuerpo encadenado 
Las manos agrietadas 
Mil arrugas en la piel

Las fantasmas hablan en la nuca 
Se reabre la herida y me sangra
Hay un jilguero en mi garganta que vuela con fuerza 
Tengo la necesidad de girar la llave y no mirar atrás

Así que dibujé una puerta violeta en la pared 
Y al entrar me liberé 
Como se despliega la vela de un barco
Desperté en un prado verde muy lejos de aquí 
Corrí, grité, reí 
Sé lo que no quiero 
Ahora estoy a salvo

Así que dibujé una puerta violeta en la pared 
Y al entrar me liberé 
Como se despliega la vela de un barco
Amanecí en un prado verde muy lejos de aquí 
Corrí, grité, reí 
Sé lo que no quiero 
Ahora estoy a salvo



20 de novembro de 2018

Os Dereitos dos nenos e das nenas

O día 20 de novembro celébrase o Día dos Dereitos dos nenos e das nenas. Para conmemorar este día na escola, fixemos unha presentación con fotos de alumnos, alumnas e familias representando os distintos dereitos. Moitas grazas pola vosa axuda e agardamos que vos guste o resultado!



Hoxe no recreo vimos esta presentación na biblioteca e tivemos a sorte de que Paula e Xavi fixeron unha fantástica exposición explicando os dereitos para todo o alumnado. Primeiro, para os nenos e nenas de Infantil e 1º e 2º de Primaria e, a continuación, para os rapaces e rapazas de 3º, 4º, 5º e 6º.



Ademais, tamén agasallamos a cada clase cun cartaz coas fotos da presentación e os dereitos dos nenos e das nenas, para que os teñamos sempre á vista e non se nos esquezan.
Noraboa Paula e Xavi, fixéstelo xenial!



19 de novembro de 2018

Quen dixo medo?




Hoxe tivemos unha actividade na escola chamada Quen dixo medo? Trátase dunha campaña de sensibilización contra a violencia machista impulsada pola Deputación da Coruña e o seu obxectivo, mediante o xogo, é desmontar os  tradicionais estereotipos de xénero.

Resultou unha actividade moi interesante para o alumnado, que  participou moito expoñendo situacións e opinións relacionadas con este tema.



 








16 de novembro de 2018

O sistema nervioso

O noso sistema nervioso consta de dúas partes:
  1. O sistema nervioso central, formado polo encéfalo (cerebro, cerebelo e bulbo raquídeo) e pola médula espiñal.
  2. O sistema nervioso periférico, formado polos nervios sensitivos, que levan información desde os órganos ata o encéfalo e a médula espiñal, e polos nervios motores, que levan ordes desde o encéfalo e a médula espiñal ata outros órganos.

Repasa o que aprendemos na clase vendo os seguintes vídeos:







14 de novembro de 2018

Unha visita especial!


O mércores, 14 de novembro, durante a hora de ler recibimos na clase a visita sorpresa dos nenos e nenas de 6º de Educación Infantil. Fíxonos moita ilusión que viñeran á nosa aula!









Estivemos falando con eles sobre dinosaurios, porque as nenas e nenos da clase de Fina son uns especialistas neste tema. Deixáronnos abraiados con todo o que saben!




Moitas grazas por virnos visitar e volvede sempre que queirades!

Día do peón


O martes, día 13 de novembro, celebramos na escola o Día do peón.

Na clase de quinto empezamos a mañá facendo os nosos propios peóns con Pyssla, unha especie de abalorios de plástico de cores cos que se poden facer figuras de aspecto pixelado.






Cada nena ou neno decidiu que forma tería a súa buxaina. Algúns fixéronas redondas, outros, cadradas e outros, de formas moi variadas. Creatividade ao poder!





Tiñan que ter coidado de deixar un oco baleiro no centro da súa figura de Pyssla para despois poder introducir un pau de brocheta para facer xirar o peón.



Cando tiñan a forma desexada, eu pasáballes a plancha para que os abalorios se uniran e quedara a figura feita.




Finalmente, decoraban os paus dos seus peóns con washi tape de cores. Quedáronlles unhas buxainas moi chulas e algunhas xiraban de marabilla!


No recreo estiveron xogando con elas e parece que o pasaron moi ben!


Tamén estiveron bailando peóns de madeira dos de toda a vida, que ben se lles da!







Foi unha día especial e pasámolo moi ben xogando cos peóns!


11 de novembro de 2018

O Magosto

O pasado venres, día 9 de novembro, celebramos na escola o Magosto.
Debido ao mal tempo non foi posible facer ningunha actividade ao aire libre e tivemos que celebralo dentro do colexio.
Empezamos a xornada con obradoiros moi variados. A cada curso correspondíalle participar en dous obradoiros e aos alumnos de quinto tocoulles participar en xogos de mesa do outono e, a continuación, facer cestiños con papel de periódico para botar dentro as castañas asadas.
Por outra banda, na aula de quinto estiveron os nenos e nenas de sexto e terceiro, que fixeron un "escape classroom". A actividade consistía en que quedabamos pechados dentro da clase e, buscando pistas e descifrando enigmas que había pola aula, tiñan que atopar a chave para poder saír e ir degustar as típicas castañas asadas do Magosto. Non podo desvelar nada máis do xogo, porque creo que os nenos e nenas de quinto teñen unhas pouquiñas ganas de facelo... Así que imos manter o segredo ata que se poida contar, jejeje!
Os dous grupos o fixeron moi ben e puideron escapar!



Despois dos obradoiros tivemos a degustación de castañas asadas grazas ás aportacións das familias e da ANPA, e tamén tivemos botellas de auga para todo o alumnado grazas ao Eroski.
Polas súas caras parece que estaban ben ricas!





Como fin de festa, tivemos música tradicional grazas a alumnas, alumnos e pais. Foi unha sorte que nos agasallaran así a tod@s!

7 de novembro de 2018

Visita á exposición de pintura A Fronteira Infinda

Hoxe visitamos a exposición de pintura A Fronteira Infinda. Os artistas galegos e a emigración, na sede Afundación de Ferrol.






Alí puidemos admirar obras de artistas galegos tan importantes como Castelao, Manuel Colmeiro, Eugenio Granell, Luís Seoane, Isaac Díaz Pardo ou Laxeiro, entre moitos outros, que tiveron que emigrar.








A exposición é moi interesante e puidemos facer distintas actividades relacionadas coas obras expostas. Primeiro, falamos sobre a emigración e os motivos polos cales os galegos tiveron que emigrar. 
Despois, os nenos e nenas, en grupos, tiveron que investigar e descubrir os cadros sobre os que se lles preguntaba.






Por último, tiñan que elaborar unha pequena exposición para o resto de compañeiros sobre o cadro que lles tocaba e sobre o seu autor.






Tod@s o fixeron de marabilla!

Trala visita á exposición, fixemos un obradoiro no que cada nena e neno tiña que crear unha viñeta de humor gráfico. Finalmente, cada grupo elaborou un mural coas viñetas.






Cando rematamos o obradoiro, fomos ver unha película mentres os alumnos de sexto, que tamén viñeron á saída, visitaban a exposición e facían as actividades.
A película que vimos foi Diario de Greg 3 e, polas súas reaccións, parece que a todos lles gustou bastante.



Agardamos que vos gustara o que fixemos e se quedastes con ganas de ver a exposición que visitamos, podedes facelo na sede Afundación de Ferrol ata o 5 de xaneiro de 2019.