21 de abril de 2020

Luces, cámara e acción! Marco recomenda Viaje al Centro de La Tierra

Marco recoméndanos unha película que é unha adaptación da novela escrita por Xulio Verne, Viaje al Centro de La Tierra.



1. Ficha técnica 

Dirección: Eric Brevig 
País: Estados Unidos
Ano: 2008
Duración: 1h y 33m = 93m
Xénero: aventura, ciencia ficción 
Reparto: Brendan Fraser como Trevor “Trev” Anderson, Josh Hutcherson como Sean Anderson, Anita Brien como Hannah Ásgeirsdóttir
Sinopse: En Viaje al Centro de La Tierra, tres exploradores sumérxense nas entrañas dos novos mundos que se ocultan por debaixo da superficie da Terra e inician unha incrible viaxe a través de lugares insospeitados, plagados de graves perigos.

2. Crítica

Gustoume porque é una película moi interesante e intensa.
O meu personaxe favorito é Trevor Anderson. A miña opinión é que fan moi ben os seus papeis.
Para min, é una película moi entretida, non me parece moi curta nin moi longa.
Gustoume o final e non levei ningunha decepción.


Marco Riobó

Ningún comentario:

Publicar un comentario