24 de abril de 2020

Luces, cámara e acción! Xavi recomenda Pequeña Miss Sunshine

Xavi recoméndanos a película Pequeña Miss Sunshine.



1.Ficha técnica

a) Título: Pequeña Miss Sunshine.
b) Dirección: Jonathan Dayton y Valerie Faris.
c) País: Estados unidos.
d) Ano: 2006.
e) Duración: 98 minutos.
f) Xénero: Comedia.
g) Reparto: Greg Kinnear, Steve Carell, Toni Coolette, Paul Dano, Abigail Breslin y Alan Arkin.
h)Sinopse: Cando a pequena da familia recibe unha invitación para participar no concurso de beleza infantil “Pequena Miss Sunshine”, na afastada California, toda a familia amontóase nunha esparavelada furgoneta Volkswagen para acompañala. As consecuencias son, como cabe  de imaxinar, para partirse de risa!


2. Crítica

Eu penso que, en xeral, a película estivo ben. Pero está clasificada para maiores de 7 anos e o avó di moitas obscenidades e debería ser para máis de 12 anos.

4 estrelas ****

Xavi

Ningún comentario:

Publicar un comentario