21 de abril de 2020

Luces, cámara e acción! Paula recomenda Harry Potter e o Misterio do Príncipe

Paula comeza esta serie de recomendacións cinematográficas e, como non podía ser doutro xeito, faino cun filme da súa saga favorita: Harry Potter.



FICHA TÉCNICA:
-Título: Harry Potter e o Misterio do Príncipe.
-Dirección: David Yates.
-País: Reino Unido
-Ano: 2009.
-Duración: 2 horas e 34 minutos.
-Xénero: Fantasía.
-Reparto: Daniel Radcliffe, Emma Watson, Rupert Grint, Tom Felton, Michael Gambon e Bonnie Wright. (Parecéronme os más importantes).
-Sinopse: Harry é elixido capitán do equipo de Quidditch. Os entrenamentos, exames e un novo profesor ocupan o seu tempo, pero a tranquilidade dura pouco.

CRÍTICA:
A película gustoume moito, porque móstranos como as nenas eran tan fortes como os nenos, por exemplo, Ginny demostra a súa habilidade no Quidditch cando a maioría de xogadores son nenos e Hermione demostra ser moi aventureira.
Os meus personaxes favoritos nesta película son Harry, Hermione, Ron, Dumbledore e Ginny. Eu creo que os personaxes todos fan un moi bo papel.
Eu penso que e unha película entretida, pero tamén ten partes de intriga e partes de tristeza.
Para min non é moi longa. O final non me gusta moito, pero hai que a aceptar que iso ía ocorrer de todas formas.
A miña puntuación é de 4,3 estrelas de 5 estrelas.

Paula

Ningún comentario:

Publicar un comentario