17 de abril de 2020

#CandoTodoIstoAcabe... por Diego

Bo día! Aquí sigo, pegada ao ordenador, lendo todo o que me mandades e publicando novas entradas no blog sen parar porque estades traballando un montón!
Hoxe comezamos coa redacción de Diego, que nos conta o que quere facer cando todo isto remate.

Cando todo isto acabe, o que me gustaría é quedar cos meus amigos, para facer o que faciamos antes, volver xogar ao fútbol, saír á rúa, baixar a Perlío, andar co patín no skatepark e tamén facer parkour, xa que, aínda que o fago na casa só, non é o mesmo que facelo cos amigos.
Tamén teño ganas de ir a casa dos meus avós, para comer cos meus tíos, para velos, e xogar cos meus curmáns. Outra cousa que me gustaría facer é ir tomar unhas “cervexas” ao bar dos meus padriños (jajaja).
Outra cousa que quero facer é ir ao colexio, aínda que sexa só un día para despedirme dos meus profes, e compañeiros que non vou volver ver, porque van ir a outro instituto. Ogallá poidamos facelo moi pronto!!!

Escrito por Diego

Ningún comentario:

Publicar un comentario