28 de abril de 2020

Luces, cámara e acción! Lara recomenda A Historia Interminable

Lara recoméndanos unha peli que é, sen dúbida, das miñas favoritas desde que era pequena: A Historia Interminable! Está baseada na novela do mesmo título escrita por Michael Ende. 
Que recordos, e esa canción, que me encanta... Un peliculón! Se aínda non a vistes, recoméndovola eu tamén.



THE NEVERENDING STORY
(A HISTORIA INTERMINABLE)

1. FICHA TÉCNICA:
a) Título: The Neverending Story.
b) Dirección: Wolfgang Petersen.
c) País: Alemania.
d) Ano: 1984.
e) Duración: 102 m.
f) Xénero: Fantasía.

g) Reparto: Barret Oliver como Bastian; Noah Hathaway como Atreyu; Tami Stronach como a emperatriz Infantil; Alan Oppenheimer como a voz de Rock Biter, Falkor, Gmork, Fújur e o narrador; Thomas Hill como Mr Koreander; Deep Roy como Teeny Weeny; Tilo Prückner como Nighthob; Moses Gunn como Cairon; Sydney Bromley como Engywook; Patricia Hayes como Urgl; Gerald McRaney como Mr Bux; Darryl Coocksey, Drum Garrett e Nicholas Gillbert como os nenos que amolan a Bastian.

h) Sinopse: Agochado no faiado do seu colexio, Bastian le durante as horas de clase un libro enigmático, A Historia Interminable, que relata a destrución do Reino de Fantasía. Unha especie de Nada misteriosa destrúe o país e as criaturas que o habitan. A medida que avanza a lectura, Bastian decátase de que a salvación de Fantasía depende del; de que consiga entrar no libro.


2. CRÍTICA: A min a película gustoume moito, de feito, é unha das miñas películas favoritas. Parece que dura moito tempo, pero a min, polo menos, fíxoseme un pouco curta, e iso que ata o nome di que é interminable. O sonido e a imaxe non son moi bos, pero, tampouco podes esperar moito máis xa que a película é de fai 36 anos. Os meus persoaxes favoritos son: Fújur, Artax, Gmork e Morla.

Lara

1 comentario:

  1. Estou de acordo completamente,tamén foi sempre unha das miñas películas favoritas.Debín de vela centos de veces e,de feito,aínda a vimos durante o confinamento na nosa casa.Mabel

    ResponderEliminar