17 de abril de 2020

8 Escape Room online gratis para xogar en familia!

Ola de novo!

Déixovos esta proposta de ocio familiar para a fin de semana, por se vos apetece facer algún xogo tipo escape room na casa. Hainos de distintas temáticas, como Harry Potter, Disney, Vengadores... Se vos apetece, podedes velos pinchando na seguinte imaxe:


A imaxe pertence á web bebeamordor.com. Trátase dunha páxina web na que podedes atopar gran cantidade de recursos e ideas de ocio infantil e familiar moi interesantes, como estes xogos escape room, xogos imprimibles, actividades para facer na casa, recomendacións de libros, cómics e xogos de mesa, manualidades e receitas frikis, etc.

Animádevos a xogar! Se facedes algún escape room, non vos esquezades de comentar aquí cal fixestes, se vos gustou, se era fácil ou non... o que queirades, pero comentade, por favor! 😉

Boa fin de semana!

Isa

3 comentarios:

  1. Paréceme xenial a idea de facer un scape room na casa,estou desexando xogar! Saludos a todos .Sara😁

    ResponderEliminar
  2. Me lo pasé muy bien jugando a " escapa del cole". No es difícil pero te tienes que fijar mucho porque hay mensajes ocultos que a primera vista no se ven. Aitor

    ResponderEliminar
  3. Gustoume moito o escape room de Los vengadores,que foi o que fixemos na casa este fin de semana,aínda que a última pista costounos un pouco atopala.O das villanas de Disney era moito mais fácil.Diego.

    ResponderEliminar