19 de abril de 2020

TAREFAS PROPOSTAS PARA 6º EP (semana do 20 ao 24 de abril)

Bo día!
Como cada luns, déixovos por aquí as novas propostas de tarefas de Lingua Galega, Lingua Castelá e Matemáticas. Espero que vos gusten e estou desexando ler o que me enviades.


PROPOSTA DE TAREFAS 6º EP
Semana do 20 ao 24 de abril de 2020

LINGUA GALEGA

Unha actividade divertida que seguro que fixestes durante estas semanas é unha sesión de cine na casa. Só necesitamos unha boa película, sofá e se temos flocos de millo, moito mellor!
Polo tanto, durante esta semana gustaríame que fixerades unha recomendación dunha película que vistes estes días e que vos gustou.
Para escribir a vosa recomendación, usade o seguinte guión, que consta de dúas partes, ficha técnica e crítica:



1.     FICHA TÉCNICA (Recompila a información básica dunha película)
a)       Título.
b)       Dirección.
c)        País.
d)       Ano.
e)       Duración.
f)    Xénero: Hai moitos xéneros, por exemplo, infantil, comedia, drama, intriga, terror, fantasía, animación, acción, ciencia ficción, documental... Unha película pode pertencer a máis dun xénero, por exemplo, pode ser, infantil, de animación e comedia.
g)   Reparto: É o conxunto de actrices e actores que sae na película. Non fai falla que poñades todo o reparto, que normalmente é moi amplo, só as actrices e actores que fan os papeis principais.
h)   Sinopse: É un resumo breve do argumento do filme, é dicir, de que trata, pero sen desvelar nada importante da trama nin o desenlace.

2.     CRÍTICA (Opinión persoal sobre a película)
A crítica é unha valoración persoal, na que o autor ou autora explica que opina do filme.
Nesta parte, podedes dicir se vos gustou ou non, pero sempre explicando por que, cales son os vosos personaxes favoritos, se considerades que os actores e actrices fan ben o seu papel, se credes que é unha película entretida, se vos parece demasiado longa ou non, se vos gustou o final ou, se pola contra, levastes unha decepción, etc., pero sempre sen contar o final do filme.
Moitas críticas tamén empregan estrelas para valorar as películas (5 estrelas = moi boa; 4 estrelas = boa; 3 estrelas = interesante; 2 estrelas = regular; 1 estrela = mala) ou un código de cores (verde = boa; amarelo = regular; vermello = mala).
Esta semana toca converterse en críticas e críticos de cine, así que luces, cámara e ACCIÓN!

LENGUA CASTELLANA

Imaginad por un momento que tenéis delante al COVID-19 y podéis hablar con él. ¿Qué le diríais? ¿Qué os contestaría el virus?
Os propongo escribir un diálogo en primera persona entre vosotros y el mismísimo coronavirus.
Recordad que los diálogos, para diferenciarlos de la narración, van precedidos por una raya o guión y terminan con el signo de puntuación correspondiente: punto y aparte, cierre de interrogación o cierre de exclamación. Vamos a ver algunos ejemplos:
—Estoy algo cansado.
Observad que no hay espacio entre la raya y la primera letra.
Para introducir una aclaración del narrador, se utiliza también la raya o guión:
—Estoy algo cansado —dijo él.
—Estoy algo cansado —dijo él—. Me voy a mi casa.
Si la frase del diálogo no está completa, pero le correspondería otro signo de puntuación (como una coma), éste se pone como en el ejemplo anterior con el punto: —Estoy cansado —dijo él—, y eso que he dormido bien.
¡Poned a funcionar vuestra imaginación, estoy deseando leer vuestras conversaciones con el coronavirus!



Consejos básicos a tener en cuenta para escribir a ordenador:
  1. Dejad solo un espacio entre cada palabra.
  2. Para cambiar de línea se utiliza la tecla intro o enter, no la barra espaciadora.
  3. Nunca se deja un espacio antes de un punto, una coma o cualquier otro signo de puntuación, excepto la raya del diálogo.
  4. Siempre se deja un espacio después de un punto, una coma o cualquier otro signo de puntuación, excepto la raya del diálogo.


MATEMÁTICAS





As actividades de Lingua Galega e Castelá podedes mandarmas nun documento .doc, .docx, .odt ou .pdf por correo electrónico a clasesextocentieiras@gmail.com.

As actividades de Matemáticas son interactivas e autocorrixibles.

Un saúdo

Isa

Ningún comentario:

Publicar un comentario