Bo día!
Como cada luns, déixovos por aquí as novas propostas de tarefas de Lingua Galega, Lingua Castelá e Matemáticas. Espero que vos gusten e estou desexando ler o que me enviades.
PROPOSTA
DE TAREFAS 6º EP
Semana
do 20 ao 24 de abril de 2020
LINGUA GALEGA
Unha actividade divertida que seguro que fixestes
durante estas semanas é unha sesión de cine na casa. Só necesitamos unha boa
película, sofá e se temos flocos de millo, moito mellor!
Polo tanto,
durante esta semana gustaríame que fixerades unha recomendación dunha película
que vistes estes días e que vos gustou.
Para escribir a vosa recomendación, usade o seguinte guión, que consta de dúas
partes, ficha técnica e crítica:
1.
FICHA TÉCNICA (Recompila a información básica dunha película)
a)
Título.
b)
Dirección.
c)
País.
d)
Ano.
e)
Duración.
f) Xénero: Hai moitos xéneros, por
exemplo, infantil, comedia, drama,
intriga, terror, fantasía, animación, acción, ciencia ficción, documental...
Unha película pode pertencer a máis dun xénero, por exemplo, pode ser,
infantil, de animación e comedia.
g) Reparto: É o conxunto de actrices e actores que sae na película.
Non fai falla que poñades todo o reparto, que normalmente é moi amplo, só as
actrices e actores que fan os papeis principais.
h) Sinopse: É un resumo breve do argumento do filme, é dicir, de que
trata, pero sen desvelar nada importante
da trama nin o desenlace.
2.
CRÍTICA (Opinión persoal sobre a película)
A crítica é unha valoración
persoal, na que o autor ou autora explica que opina do filme.
Nesta parte, podedes dicir se vos gustou ou non, pero
sempre explicando por que, cales son os vosos personaxes favoritos, se
considerades que os actores e actrices fan ben o seu papel, se credes que é
unha película entretida, se vos parece demasiado longa ou non, se vos gustou o
final ou, se pola contra, levastes unha decepción, etc., pero sempre sen contar o final do filme.
Moitas críticas tamén empregan estrelas para valorar
as películas (5 estrelas = moi boa; 4 estrelas = boa; 3 estrelas = interesante;
2 estrelas = regular; 1 estrela = mala) ou un código de cores (verde = boa; amarelo
= regular; vermello = mala).
Esta semana
toca converterse en críticas e críticos de cine, así que luces, cámara e
ACCIÓN!
LENGUA CASTELLANA
Imaginad por un momento que tenéis delante al COVID-19
y podéis hablar con él. ¿Qué le diríais? ¿Qué os contestaría el virus?
Os propongo
escribir un diálogo en primera persona entre vosotros y el mismísimo
coronavirus.
Recordad que los diálogos, para diferenciarlos de la
narración, van precedidos por una raya o guión y terminan con el signo de puntuación
correspondiente: punto y aparte, cierre de interrogación o cierre de
exclamación. Vamos a ver algunos ejemplos:
—Estoy algo
cansado.
Observad que no hay espacio entre la raya y la primera
letra.
Para introducir una aclaración del narrador, se
utiliza también la raya o guión:
—Estoy algo
cansado —dijo él.
—Estoy algo
cansado —dijo él—. Me voy a mi casa.
Si la frase del diálogo no está completa, pero le
correspondería otro signo de puntuación (como una coma), éste se pone como en
el ejemplo anterior con el punto: —Estoy
cansado —dijo él—, y eso que he dormido bien.
¡Poned a funcionar vuestra imaginación, estoy deseando
leer vuestras conversaciones con el coronavirus!
Consejos
básicos a tener en cuenta para escribir a ordenador:
- Dejad solo un espacio entre cada palabra.
- Para cambiar de línea se utiliza la tecla intro o
enter, no la barra espaciadora.
- Nunca se deja un espacio antes
de un punto, una coma o cualquier otro signo de puntuación, excepto la raya
del diálogo.
- Siempre se deja un espacio
después de un punto, una coma o cualquier otro signo de puntuación, excepto
la raya del diálogo.
MATEMÁTICAS
As actividades de Lingua Galega e Castelá podedes mandarmas nun documento .doc, .docx, .odt ou .pdf por correo electrónico a clasesextocentieiras@gmail.com.
As actividades de Matemáticas son interactivas e autocorrixibles.
Un saúdo
Isa