Amosando publicacións coa etiqueta xogos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta xogos. Amosar todas as publicacións

17 de abril de 2020

8 Escape Room online gratis para xogar en familia!

Ola de novo!

Déixovos esta proposta de ocio familiar para a fin de semana, por se vos apetece facer algún xogo tipo escape room na casa. Hainos de distintas temáticas, como Harry Potter, Disney, Vengadores... Se vos apetece, podedes velos pinchando na seguinte imaxe:


A imaxe pertence á web bebeamordor.com. Trátase dunha páxina web na que podedes atopar gran cantidade de recursos e ideas de ocio infantil e familiar moi interesantes, como estes xogos escape room, xogos imprimibles, actividades para facer na casa, recomendacións de libros, cómics e xogos de mesa, manualidades e receitas frikis, etc.

Animádevos a xogar! Se facedes algún escape room, non vos esquezades de comentar aquí cal fixestes, se vos gustou, se era fácil ou non... o que queirades, pero comentade, por favor! 😉

Boa fin de semana!

Isa