
Saímos da escola ás 9:15 e fomos en bus ata o porto de Ferrol, desde onde comezamos a nos camiñata.
Percorremos 10 quilómetros, pasando pola Capela das Angustias e a Capela de Caranza ata chegar ao Mosteiro de San Martiño de Xuvia, no Couto.
Tivemos moita sorte co tempo, xa que tivemos un día estupendo para camiñar e desfrutar do aire libre.
Foi unha xornada moi especial na que fixemos exercicio, falamos e bromeamos durante a camiñata e experimentamos o que senten os peregrinos na súa viaxe cara Santiago de Compostela.
Ningún comentario:
Publicar un comentario