Aos do Quinto Pino gústanos moitísimo a música, por iso a poñemos na aula a diario durante os cambios de clase. Cada semana escoitamos cancións dun grupo ou músico diferente, así coñecemos distintos grupos e estilos musicais, aínda que a que escolle é a mestra, polo tanto soa bastante rock...
Ademais de mellorar a cultura musical do alumnado, con esta iniciativa preténdese que os nenos e nenas sexan máis autónomos, xa que cando soa a música nos indica que acabou unha clase e que deben gardar o material desa asignatura, coller o da seguinte e anotar nas súas axendas se teñen algunha tarefa pendente de rematar. Por suposto, deben facer todo isto sen facer ruído nin falar en alto, porque todas e todos queremos escoitar a canción. Isto último aínda non o conseguimos de todo, pero seguro que pouco a pouco irá mellorando.
Ata o momento xa soaron Queen, ACDC, The Beatles, Michael Jackson, Led Zeppelin, ABBA e Europe, estes últimos por petición de Marco, que xa levaba varias semanas pedindo que soara este grupo.
Esta semana estamos a escoitar cancións de David Bowie. Tamén estivemos investigando sobre a súa biografía e estamos a facer un mural con todo o que aprendemos sobre él, que en breve estará rematado e poderemos ensinárvolo.
Para rematar, deixámosvos uns vídeos musicais de Bowie.

eu non sei quen es david bowie pero ten boa pinta 🙄🎸🎸🎸🎸🎸🎸
ResponderEliminar(son da clase de cuarto de centieiras) 🥁🥁🥁
ResponderEliminarEncanta me o de as cancións para os cambios de clase
ResponderEliminar