Hoxe tivemos unha actividade na escola chamada Quen dixo medo? Trátase dunha campaña de sensibilización contra a violencia machista impulsada pola Deputación da Coruña e o seu obxectivo, mediante o xogo, é desmontar os tradicionais estereotipos de xénero.
Resultou unha actividade moi interesante para o alumnado, que participou moito expoñendo situacións e opinións relacionadas con este tema.
Ningún comentario:
Publicar un comentario