Amosando publicacións coa etiqueta David Bowie. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta David Bowie. Amosar todas as publicacións

28 de novembro de 2018

Esta semana está soando...


Aos do Quinto Pino gústanos moitísimo a música, por iso a poñemos na aula a diario durante os cambios de clase. Cada semana escoitamos cancións dun grupo ou músico diferente, así coñecemos distintos grupos e estilos musicais, aínda que a que escolle é a mestra, polo tanto soa bastante rock...

Ademais de mellorar a cultura musical do alumnado, con esta iniciativa preténdese que os nenos e nenas sexan máis autónomos, xa que cando soa a música nos indica que acabou unha clase e que deben gardar o material desa asignatura, coller o da seguinte e anotar nas súas axendas se teñen algunha tarefa pendente de rematar. Por suposto, deben facer todo isto sen facer ruído nin falar en alto, porque todas e todos queremos escoitar a canción. Isto último aínda non o conseguimos de todo, pero seguro que pouco a pouco irá mellorando.

Ata o momento xa soaron Queen, ACDC, The Beatles, Michael Jackson, Led Zeppelin, ABBA e Europe, estes últimos por petición de Marco, que xa levaba varias semanas pedindo que soara este grupo.

Esta semana estamos a escoitar cancións de David Bowie. Tamén estivemos investigando sobre a súa biografía e estamos a facer un mural con todo o que aprendemos sobre él, que en breve estará rematado e poderemos ensinárvolo.

Para rematar, deixámosvos uns vídeos musicais de Bowie.