5 de novembro de 2018

Mural de Samaín

Seguímosvos amosando todo o que fixemos para decorar a escola polo Samaín. Ademais do sombreiro e a vasoira de Harry Potter, tamén fixemos un mural que quedou ben bonito, non vos parece?


Ademais, as nenas e nenos do Quinto Pino de Centieiras fixeron cadansúa proposta para que a mestra se disfrazara este Samaín... Teñen unhas ideas ben simpáticas, non credes?


Se queredes ver as súas propostas de disfraces, están expostas no corredor da segunda planta, ao lado da nosa clase.

Por último, para dar un toque terrorífico ao cole, recortamos unha chea de corvos negros e pegámolos nas ventás da clase e nas das escaleiras do segundo piso. Atrevédesvos a subir?

O Sombreiro Seleccionador e a Nimbus 2000


Para decorar a escola polo Samaín, cada clase fixo un sombreiro de bruxa e unha vasoira.
No Quinto Pino fixemos o Sombreiro Seleccionador de Howarts. Custounos un pouco, pero, ao final, quedamos satisfeitos co resultado.









A vasoira que escollimos para fecer foi a Nimbus 2000, a vasoira que usa Harry Potter para xogar ao Quidditch.










Ademais, como complemento, tamén fixemos unha Snitch Dourada e uns posters explicativos do noso traballo.


             



Todos os sombreiros e vasoiras quedaron moi chulos, nótase que todos os cursos traballaron moito. Se aínda non vistes a exposición, apurade e vide visitala estes días, merece a pena!




31 de outubro de 2018

Pasámolo de medo no Samaín!

O martes 30 de outubro celebramos o Samaín na escola. Tivemos a proxección dun vídeo, unha canción e a lectura dos contos gañadores do III Concurso de Contos de Medo.
O noso compañeiro Xabi Fernández foi o gañador de 5º de primaria. Para ler o seu terrorífico conto, titulado Non Entremos nas Aulas!! premede aquí.


 Xabi durante a lectura do seu conto Non Entremos nas Aulas!!

Benvid@s ao Quinto Pino!

Por fin inauguramos o blog de quinto de primaria do CEIP Centieiras!


Estes somos nós, os protagonistas desta historia.

Desde O Quinto Pino, que así se chama o noso blog, irémosvos contando algunhas das actividades que facemos na clase. Agardamos que vos guste e que pasedes por aquí a miúdo. E non vos esquezades de deixarnos algún comentario coas vosas opinións, suxestións ou o que queirades contarnos.

Ata pronto!