Amosando publicacións coa etiqueta Samaín. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Samaín. Amosar todas as publicacións

26 de novembro de 2019

Samaín 2019

O día 30 de outubro celebramos na escola unha gran festa de Samaín. Todas e todos os que quixeron, viñeron á escola cos seus mellores disfraces. Mirade que guapas e guapos estaban:











 Despois de lucir os traxes, tocou ler historias de medo a escuras alumeando só cunha lanterna.


         


Finalmente, fixemos unha gran festa na que había moitas cousas divertidas que facer: disco-biblioteca, pintacaras, photocall, obradoiro de cociña terrorífica e unha aula do terror na que só se atrevían a entrar as e os máis valentes.





Este Samaín foi moi divertido!




5 de novembro de 2018

Mural de Samaín

Seguímosvos amosando todo o que fixemos para decorar a escola polo Samaín. Ademais do sombreiro e a vasoira de Harry Potter, tamén fixemos un mural que quedou ben bonito, non vos parece?


Ademais, as nenas e nenos do Quinto Pino de Centieiras fixeron cadansúa proposta para que a mestra se disfrazara este Samaín... Teñen unhas ideas ben simpáticas, non credes?


Se queredes ver as súas propostas de disfraces, están expostas no corredor da segunda planta, ao lado da nosa clase.

Por último, para dar un toque terrorífico ao cole, recortamos unha chea de corvos negros e pegámolos nas ventás da clase e nas das escaleiras do segundo piso. Atrevédesvos a subir?

O Sombreiro Seleccionador e a Nimbus 2000


Para decorar a escola polo Samaín, cada clase fixo un sombreiro de bruxa e unha vasoira.
No Quinto Pino fixemos o Sombreiro Seleccionador de Howarts. Custounos un pouco, pero, ao final, quedamos satisfeitos co resultado.









A vasoira que escollimos para fecer foi a Nimbus 2000, a vasoira que usa Harry Potter para xogar ao Quidditch.










Ademais, como complemento, tamén fixemos unha Snitch Dourada e uns posters explicativos do noso traballo.


             



Todos os sombreiros e vasoiras quedaron moi chulos, nótase que todos os cursos traballaron moito. Se aínda non vistes a exposición, apurade e vide visitala estes días, merece a pena!




31 de outubro de 2018

Pasámolo de medo no Samaín!

O martes 30 de outubro celebramos o Samaín na escola. Tivemos a proxección dun vídeo, unha canción e a lectura dos contos gañadores do III Concurso de Contos de Medo.
O noso compañeiro Xabi Fernández foi o gañador de 5º de primaria. Para ler o seu terrorífico conto, titulado Non Entremos nas Aulas!! premede aquí.


 Xabi durante a lectura do seu conto Non Entremos nas Aulas!!