Hoxe é un día moi especial para todas e todos os que formamos parte desta gran familia, a nosa familia de sexto. Hoxe rematamos as clases e finalizades a vosa etapa no cole de Centieiras, pero Centieiras sempre será a vosa casa e sempre estaremos felices de recibirvos na escola cando nos queirades visitar.
Este curso foi do máis estraño. Nunca podiamos imaxinar que no segundo trimestre se suspenderían as clases, que teriamos unha aula virtual e nos comunicariamos por videoconferencia.
E quen nos ía dicir a mediados de marzo que estar separados desde aquela, en lugar de distanciarnos, nos ía unir aínda máis? Demostrastes estar á altura das circunstancias, seguistes conectados, con ganas de aprender, de traballar e de seguir descubrindo o mundo, aínda cando non podiamos saír da casa e fixestes que as vosas mestras e mestre esteamos tremendamente orgullosos de vós.
Durante estes anos xuntos, enfadeime moitas veces e sacástesme das miñas casiñas outras tantas, pero foron moitas máis as que me arrancastes sorrisos e gargalladas. Seguide sendo como sodes, aínda que ás veces sexades o demo, sodes auténticos e deixades pegada en quen ten a sorte de cruzar o seu camiño con vós.
Un bico enorme e feliz verán a todas e todos!
19 de xuño de 2020
28 de abril de 2020
Luces, cámara e acción! Lara recomenda A Historia Interminable
Lara recoméndanos unha peli que é, sen dúbida, das miñas favoritas desde que era pequena: A Historia Interminable! Está baseada na novela do mesmo título escrita por Michael Ende.
Que recordos, e esa canción, que me encanta... Un peliculón! Se aínda non a vistes, recoméndovola eu tamén.
THE NEVERENDING STORY
(A HISTORIA INTERMINABLE)
1. FICHA TÉCNICA:
a) Título: The Neverending Story.
b) Dirección: Wolfgang Petersen.
c) País: Alemania.
d) Ano: 1984.
e) Duración: 102 m.
f) Xénero: Fantasía.
g) Reparto: Barret Oliver como Bastian; Noah Hathaway como Atreyu; Tami Stronach como a emperatriz Infantil; Alan Oppenheimer como a voz de Rock Biter, Falkor, Gmork, Fújur e o narrador; Thomas Hill como Mr Koreander; Deep Roy como Teeny Weeny; Tilo Prückner como Nighthob; Moses Gunn como Cairon; Sydney Bromley como Engywook; Patricia Hayes como Urgl; Gerald McRaney como Mr Bux; Darryl Coocksey, Drum Garrett e Nicholas Gillbert como os nenos que amolan a Bastian.
h) Sinopse: Agochado no faiado do seu colexio, Bastian le durante as horas de clase un libro enigmático, A Historia Interminable, que relata a destrución do Reino de Fantasía. Unha especie de Nada misteriosa destrúe o país e as criaturas que o habitan. A medida que avanza a lectura, Bastian decátase de que a salvación de Fantasía depende del; de que consiga entrar no libro.
2. CRÍTICA: A min a película gustoume moito, de feito, é unha das miñas películas favoritas. Parece que dura moito tempo, pero a min, polo menos, fíxoseme un pouco curta, e iso que ata o nome di que é interminable. O sonido e a imaxe non son moi bos, pero, tampouco podes esperar moito máis xa que a película é de fai 36 anos. Os meus persoaxes favoritos son: Fújur, Artax, Gmork e Morla.
Lara
Lara ensínanos a súa grulla de papiroflexia!
Lara ensínanos unha das cousas que está a facer durante o confinamento, papiroflexia!
Esta grulla de papel tan chula foi a primeira que fixo e, para ser a primeira, está fenomenal!
Esta grulla de papel tan chula foi a primeira que fixo e, para ser a primeira, está fenomenal!
Alguén máis se animou coa papiroflexia? Contádenolo nos comentarios.
Xa fostes de paseo? Como foi? Contádemo todo!
Ola rapazas e rapaces de sexto!
Aínda que non estea a publicar no blog tanto coma estes días de atrás, gustaríame que seguise activo, xa que, desde o meu punto de vista, é unha ferramenta moi útil para compartir cousas coa clase. Polo tanto, podémolo seguir empregando para comentar novidades e que me contedes cousiñas.
Imaxino que a maioría de vós xa saistes dar un paseo estes días e gustaríame saber como foi, que sentistes ao poder pisar a rúa, o campo ou o monte de novo, así que, por favor, contádemo nos comentarios desta entrada.
27 de abril de 2020
Fabada, receita do chef Anxo!
Anxo tamén se apunta á cociña e tráenos unha fantástica receita dun prato de culler, unha fabada. Que boa maña tes na cociña, Anxo, moi ben!
FABADA
Ingredientes:4 patatas de tamaño mediano
1 pimiento rojo
Compango (chorizo, morcilla y panceta curada)
3 botes de habas ya cocidas
Sal y agua
Luces, cámara e acción! Iago recomenda Dous Policías Rebeldes
Iago recoméndanos unha película que lle gustou: Dous Policías Rebeldes.
AVISO: Esta película está calificada como non recomendada para menores de 16 anos.
Ficha técnica:
Título: Dous polícias rebeldes.
Dirección: Michael Bay
País: Estados Unidos
Ano: 1995
Duración: 118 min
Xénero: acción, comedia
AVISO: Esta película está calificada como non recomendada para menores de 16 anos.
Ficha técnica:
Título: Dous polícias rebeldes.
Dirección: Michael Bay
País: Estados Unidos
Ano: 1995
Duración: 118 min
Xénero: acción, comedia
Reparto: Martin Lawrence, Will Smith, Téa Leonei, Tchéky Kary, Joe Pantoliano, Theresa Randle, Marg Helgenber, Ana Thomson, Nestor Serrano ,Kevin Corrigan.
Sinopse: Dous policías de narcóticos de Miami deben protexer a unha testigo mentres perseguen a un brillante ladrón que roubou unha fortuna en heroína.
Crítica: Paréceme unha película moi boa, tanto por como interpretan os actores aos personaxes, como pola película en xeral. Recoméndoa ao 100% e doulle 5 estrelas.
Iago
Iago
Croquetas, receita da chef Lara!
Pensabades que se acabaran as receitas? Pois diso nada! As cociñeiras e cociñeiros de sexto seguen a preparar cousas deliciosas, coma Lara que preparou estas croquetas. Moi bo traballo, Lara! Tomade boa nota da súa receita:
RECEITA DE CROQUETAS
Ingredientes:
100 gr. de manteiga.
100 gr. de fariña.
200 gr. de xamón serrano.
1 ceboliña.
1 dente de allo.
1 l. de leite.
1 rama de perexil.
3 ovos batidos.
Pan relado.
Aceite de oliva virxe extra.
Pon nunha tixola a quentar a manteiga cortada en dados. Mentres, podes ir cortando a ceboliña e o dente de allo. Cando se funda a manteiga, pon a pochar a ceboliña e incorpora o xamón picado e rehoga brevemente. Añade a fariña e mestura todo ben.
Verte o leite pouco a pouco e traballa a masa durante 20 minutos. Engade o perexil.
Extende a masa nunha fonte e déixaa enfriar.
Pinta a superficie con manteiga para que non se faga costra.
Cando a masa estea fría, corta e moldea as croquetas cunha pouca fariña para que non se peguen nas mans.
Pásaas por ovo e pan raiado e fríeas en abundante aceite ben quente.
Bo proveito!
Lara
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)