Na clase de sexto estivemos aprendendo moitas cousas interesantes sobre o Camiño Inglés, unha das rutas marítimas xacobeas.
Desde o século XII, peregrinos procedentes de Inglaterra, Irlanda, Escocia, Países Baixos, países escandinavos e o norte de Francia chegaban en barco aos portos de Ferrol e A Coruña e, desde aquí, continuaban a súa peregrinaxe cara a Compostela.
Para aprender máis sobre o Camiño Inglés estivemos traballando coas unidades didácticas e os materiais facilitados pola Fanpa Ferrolterra aos centros que imos participar na I Peregrinación Escolar do Camiño Inglés e Xacobeo 2021.
Que concentradas e concentrados estaban as rapazas e rapaces de 6º do CEIP Plurilingüe de Centieiras!
Despois da presentación do proxecto que imos levar a cabo este curso, subimos ás aulas e estivemos falando do que lles gustaría investigar sobre o Camiño de Santiago. Algunhas dos temas que saíron foron os seguintes: A flora e a fauna do Camiño Inglés, como eran os peregrinos na Idade Media, a preparación que precisan os peregrinos para facer o Camiño, o equipo que deben levar... e moitos máis! Parece que este proxecto vai dar moito de si.
E despois de descubrir tantas cousas interesantes sobre o xogo da oca, que mellor xeito de acabar a mañá que xogando na clase á oca do Camiño.
Xa sabedes, podes seguir investigando e descubrir máis curiosidades sobre o xogo da oca e a súa relación co Camiño de Santiago. Non vos esquezades de contárnolas todas!
Hoxe tivemos unha gran sorpresa na biblioteca do cole despois do recreo. Cando chegamos alí, apagáronse al luces e vimos unha chea de estrelas brillantes por todo o teito da biblioteca. Semellaba a Vía Láctea! Ademais, Centi estaba agardando para contarnos unha gran noticia. Díxonos que este curso imos investigar todas e todos sobre o Camiño de Santiago!
Para comezar a entrar en materia, vimos uns vídeos:
E digo eu, que terán que ver as estrelas que apareceron na biblioteca co Camiño de Santiago, haberá algunha relación? Vós que pensades?
Repasade o que traballamos na clase con este resumo e o vídeo que hai ao final. O proceso dixestivo realízase no aparello
dixestivo e comprende tres fases:
A dixestión
A absorción de nutrientes
A eliminación de
refugos
O aparello dixestivo
O aparello dixestivo está formado polo tubo dixestivo (a boca, a
farinxe, o esófago, o estómago, o intestino delgado, o intestino groso e o ano) e polas glándulas anexas (as glándulas salivares, o fígado e o páncreas).
A dixestión
A dixestión é o proceso polo cal se obteñen os
nutrientes dos alimentos. A dixestión
realízase en varias etapas:
Na boca tritúranse os alimentos cos dentes e as glándulas salivares segregan saliva. A lingua mestura os alimentos mastigados
coa saliva e deste xeito fórmase o bolo alimenticio, que é empurrado cara á farinxe,
baixa polo esófago e finalmente chega ao estómago.
Nas paredes do estómago segréganse os zumes gástricos e prodúcense uns movementos que permiten que
os zumes se mesturen cos alimentos. Así fórmase o quimo, que é unha papa cos alimentos
parcialmente dixeridos.
No intestino delgado mestúrase
o quimo co zume intestinal e cos zumes que
verten ao intestino o páncreas, que verte zume pancreático, e o fígado, que verte a bile.
Con eles o quimo transfórmase no quilo, que
contén os nutrientes e os restos de alimento non
dixeridos.
A absorción de nutrientes
É o paso dos nutrientes do intestino delgado
ao sangue. A absorción prodúcese cando os nutrientes pasan do interior
do intestino delgado aos capilares sanguíneos das pilosidades intestinais. A través do sangue, os nutrientes chegarán a todas as
células do corpo.
A eliminación dos refugos
Os refugos son os restos dos alimentos que quedan despois
da dixestión e que o corpo non pode utilizar. Estes refugos pasan ao intestino groso e forman as feces,
que se expulsan ao exterior polo ano.