Aprende os números romanos con este vídeo.
1 de outubro de 2019
27 de setembro de 2019
O xogo da oca e o Camiño de Santiago
Despois da presentación do proxecto que imos levar a cabo este curso, subimos ás aulas e estivemos falando do que lles gustaría investigar sobre o Camiño de Santiago. Algunhas dos temas que saíron foron os seguintes: A flora e a fauna do Camiño Inglés, como eran os peregrinos na Idade Media, a preparación que precisan os peregrinos para facer o Camiño, o equipo que deben levar... e moitos máis! Parece que este proxecto vai dar moito de si.
Tamén estivemos lendo este texto no que descubrimos a relación do xogo da oca co Camiño de Santiago.
E despois de descubrir tantas cousas interesantes sobre o xogo da oca, que mellor xeito de acabar a mañá que xogando na clase á oca do Camiño.
Xa sabedes, podes seguir investigando e descubrir máis curiosidades sobre o xogo da oca e a súa relación co Camiño de Santiago. Non vos esquezades de contárnolas todas!
Xa sabedes, podes seguir investigando e descubrir máis curiosidades sobre o xogo da oca e a súa relación co Camiño de Santiago. Non vos esquezades de contárnolas todas!
Presentación do proxecto sobre o Camiño de Santiago
Hoxe tivemos unha gran sorpresa na biblioteca do cole despois do recreo. Cando chegamos alí, apagáronse al luces e vimos unha chea de estrelas brillantes por todo o teito da biblioteca. Semellaba a Vía Láctea! Ademais, Centi estaba agardando para contarnos unha gran noticia. Díxonos que este curso imos investigar todas e todos sobre o Camiño de Santiago!
Para comezar a entrar en materia, vimos uns vídeos:
E digo eu, que terán que ver as estrelas que apareceron na biblioteca co Camiño de Santiago, haberá algunha relación? Vós que pensades?
A respiración
En Ciencias da Natureza estamos a traballar sobre o aparello respiratorio. Repasade o estudado na clase co seguinte vídeo.
O grupo nominal
Tanto en Lingua Castelá como en Lingua Galega estamos a traballar o grupo nominal. Déixovos aquí con vídeo para que o repasedes.
23 de setembro de 2019
A dixestión
Repasade o que traballamos na clase con este resumo e o vídeo que hai ao final.
O proceso dixestivo realízase no aparello dixestivo e comprende tres fases:
O proceso dixestivo realízase no aparello dixestivo e comprende tres fases:
- A dixestión
- A absorción de nutrientes
- A eliminación de refugos
O aparello dixestivo
O aparello dixestivo está formado polo tubo dixestivo (a boca, a
farinxe, o esófago, o estómago, o intestino delgado, o intestino groso e o ano) e polas glándulas anexas (as glándulas salivares, o fígado e o páncreas).
A dixestión
A dixestión é o proceso polo cal se obteñen os
nutrientes dos alimentos. A dixestión
realízase en varias etapas:
- Na boca tritúranse os alimentos cos dentes e as glándulas salivares segregan saliva. A lingua mestura os alimentos mastigados coa saliva e deste xeito fórmase o bolo alimenticio, que é empurrado cara á farinxe, baixa polo esófago e finalmente chega ao estómago.
- Nas paredes do estómago segréganse os zumes gástricos e prodúcense uns movementos que permiten que os zumes se mesturen cos alimentos. Así fórmase o quimo, que é unha papa cos alimentos parcialmente dixeridos.
- No intestino delgado mestúrase o quimo co zume intestinal e cos zumes que verten ao intestino o páncreas, que verte zume pancreático, e o fígado, que verte a bile. Con eles o quimo transfórmase no quilo, que contén os nutrientes e os restos de alimento non dixeridos.
A absorción de nutrientes
É o paso dos nutrientes do intestino delgado
ao sangue. A absorción prodúcese cando os nutrientes pasan do interior
do intestino delgado aos capilares sanguíneos das pilosidades intestinais. A través do sangue, os nutrientes chegarán a todas as
células do corpo.
A eliminación dos refugos
Os refugos son os restos dos alimentos que quedan despois
da dixestión e que o corpo non pode utilizar. Estes refugos pasan ao intestino groso e forman as feces,
que se expulsan ao exterior polo ano.
O Quinto Pino convírtese no Sexto Pino!
Ola a todas e todos!
Despois de moito tempo sen publicacións, aquí estamos de novo e facémolo con cambios, entre outros, que xa non somos o Quinto Pino, agora somos o Sexto Pino de Centieiras!
Agardamos que nos visitedes a miúdo, porque intentaremos contarvos as cousas que imos facendo na clase de 6º de Educación primaria do CEIP Plurilingüe de Centieiras.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
