31 de xaneiro de 2019

Jenga de fraccións

Onte e hoxe fixemos na clase unha actividade que resultou bastante exitosa entre o alumnado. Estivemos xogando ao Jenga, un xogo de habilidade no que os participantes deben sacar bloques dunha torre e colocalos na parte superior desta, evitando que a torre caia.



 


Nós xogamos en Matemáticas e para poder sacar unha peza da torre tiñan que resolver correctamente un exercicio de fraccións no caderno.


    

 Así o traballo sobre as fraccións é máis divertido!



1 comentario: